Pelo radical

Debuxo da punta dunha raíz, mostrando os pelos radicais

Un pelo radical[1][2], ou pelo absorbente[1] (ás veces tamén pelo radicular) é un crecemento tubular dun tricoblasto ou pelo que se forma na epiderme da raíz das plantas, que equivale ao rizoide das plantas vasculares e ten funcións aborbentes de auga e sales. Son extensións laterais dunha soa célula da epiderme e raramente están ramificadas, e son grandes dabondo como para verse a simple vista, e con detalle con microscopio óptico. Encóntrase só na zona de maduración da raíz. Xusto antes e durante o desenvolvemento dos pelos radicais hai unha actividade elevada encimática de fosforilase.[3] As plantas absorben auga e sales do chan por osmose e os pelos radicais están adaptados a facer esta absorción ao teren unha grande área superficial que acelera a osmose. Outra adaptación é que a célula do pelo radical ten un grande vacúolo permanente.

  1. 1,0 1,1 Definición de pelo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia. Ver acepción 4
  2. Grierson, Claire; Schiefelbein, John (2002-04-04). "Root Hairs". The Arabidopsis Book / American Society of Plant Biologists 1: e0060. ISSN 1543-8120. PMC 3243358. PMID 22303213. doi:10.1199/tab.0060. 
  3. Dosier, Larry W.; Riopel, J. L. (1977). "Differential Enzyme Activity During Trichoblast Differentiation in Elodea Canadensis". American Journal of Botany (en inglés) 64 (9): 1049–1056. doi:10.1002/j.1537-2197.1977.tb10794.x. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search